Tapia encheuse de contos na segunda sesión dos ‘Seráns’

292

Cheo total nos ‘Seráns de Tapia’, que esgotou a súa capacidade na sesión do xoves 8 nunha velada de contacontos. A xornada arrincou ás 17:30h con dous contacontos infantís: “Conto Contiño”, narrado polas animadoras á lectura da Biblioteca Municipal de Ames, Bibiana Calvo Ares e Divina Fernández Canosa, e “Andar os Biosbardos”, de Charo Pita. Posteriormente foi a vez de Vero Rilo e Sonsoles Peñadique con “Lavandeiras”. Pechou Soledad Felloza con “Estrelas”.

O próximo xoves, 15 de xullo, tocará música con Píscore ás 19:30 h. Trátase dun espectáculo de música e humor dirixido a un público familiar. Como o oresto das actividades, será de balde sen inscrición previa.

Todos os xoves ata finais de agosto terá lugar unha sesión dos ‘Seráns de Tapia’ con actividades de literatura, concertos e monólogos. O programa, organizado pola concellaría de Cultura, ten como obxectivo levar a cultura ao rural.