“Tardes de Contos” dentro do programa Apego

533

Un dos obxectivos principais das “Tardes de Contos” é que estas se acaben por tornar un club de lectura autoxerido, de maneira autónoma, polas propias familias

O obradoiro “Tardes de Contos” encádrase dentro do programa do Apego do Concello de Ames. Concibido como unha actividade na que as familias, con crianzas entre os 0 e os 6 anos, aprenden diferentes contos e xeitos de contar, está estruturada en catro sesións, nas que se buscarán contos cuxas temáticas teñan unha utilidade práctica para a vida cotiá. As sesións repartíranse entre a Casa da Cultura do Milladoiro (días 9 e 23 de outubro) e Bertamiráns (días 16 e 30). Todas as sesións comezarán ás 18:00 horas e terán unha hora de duración.

Un dos obxectivos principais das “Tardes de Contos” é que estas se acaben por tornar un club de lectura autoxerido, de maneira autónoma, polas propias familias. Do mesmo xeito, o obradoiro tamén ten entre os seus obxectivos a achega de recursos para a mellora da transmisión da lingua galega e da comunicación e relación coas crianzas, a creación dun espazo de socialización en galego e a aprendizaxe, por parte das familias, de maneiras de empregar a voz e os xestos á hora de narrar un conto.