Este venres, 14 de xullo, estará coa súa banda Versus no ciclo Noites na Terraza
A amesá finalista do programa La Voz en 2016, estará a partir das 21:30 horas na terraza do Bar Entreportas, no Milladoiro. O concerto encádrase dentro do programa Noites na Terraza.
Thais Rudiño é coñecida por ter sido unha das finalistas do programa televisivo La Voz. Na actualidade, é vocalista en tres bandas: Supernatural Rock Band, Acústica e Versus (un proxecto de guitarra e voz co que actuará este venres no Milladoiro). Anteriormente, tamén ten participado en proxectos musicais como o coro de gospel Sisters in the House.
Este venres, 14 de xullo, estará coa súa banda Versus no ciclo Noites na Terraza, coa que se pretende dinamizar o sector hostaleiro do Milladoiro e de animar as noites de verán, para que a veciñanza goce do seu tempo de lecer ao tempo que escoita actuacións de grupos galegos.