‘The Goonies’, mañá en AmesON

199

Mañá, venres 9 de xullo, terá lugar o segundo concerto dos trece que integran a programación do AmesON. Os artistas nesta ocasión serán “The Goonies”, un grupo de pop rock que versiona temas clásicos. A banda está formada por tres integrantes: Óscar Rodil, batería, Paco Prol, guitarrista e coros, e San Escalera, voz principal e guitarrista. O concerto será na Praza de Manuel Murguía do Milladoiro.

Co programa AmesON, a Concellaría de Promoción Económica xunta esforzos coa de Cultura para dinamizar a cultura e a economía en Ames durante os meses de xuño, xullo, agosto e setembro.

A programación de xullo continuará o sábado 17 coa Primeira Edición da Festa Latina que homenaxeará Cuba. Celebrarase no Parque do Ameneiral, en Bertamiráns. Ellas Son actuará no Milladoiro o venres 23 e Samco, o xoves 29. Ambas actuacións serán na Praza de Manuel Murgía. O sábado 31 de xullo, na Praza da Madalena, Xosé Costela Grupo pechará os eventos de xullo.