Este domingo, 10 de marzo, Ames acolle un ano máis e por oitava ocasión, a segunda proba do circuíto de ciclismo de montaña Transgalaica 2024. A proba está organizada polo club ciclista amesán Os Esfola Arrós e a empresa Team Relay, conta coa colaboración do Concello de Ames.
Os participantes terán que dar dúas voltas a un circuíto de 32 quilómetros completando un percorrido de 64,55 quilómetros e que conta cun desnivel de 1.501 metros.
A proba comezará ás 9:30 horas diante do Pazo da Peregrina, en Bertamiráns, para pasar despois por Aldea Nova, Ventosa, Pedra Dourada, o monte de San Marcos, o alto de Liñaredo e as instalacións en Piñeiro do Real Aeroclub de Santiago. Dende aí volverase ata Bertamiráns por Muíños de Riamonte, Lamas e Augapesada. Estímase que os primeiros ciclistas completen a primeira volta sobre as 10:45 e a segunda sobre as 12:00 horas. Antes, dende as 8:00 horas, comezará a entrega de dorsais na propia zona do Pazo. Pola súa banda, a entrega de premios terá lugar a partir das 14:00 horas.
As inscrición pódese facer premendo nesta ligazón ou accedendo á web magmasports.es.












