‘Trouleando’ organiza un scape room

217

A Concellaría de Mocidade ten programada para o sábado, 25 de setembro, unha nova actividade do programa Trouleando, que está dirixida á mocidade de Ames. Neste caso, organizouse unha xornada de Scape Room no laberinto do Millo na Torre, Cacheiras. O prazo para inscribirse nesta actividade estará aberto do 15 ata o 20 de setembro. Para inscribirse hai que enviar a ficha cuberta a omix@concellodeames.gal As prazas, que son limitadas, cubriranse por orde de chegada das inscricións. Esta actividade é de balde e está organizada pola Oficina Municipal de Información Xuvenil (OMIX).