Última hora do Concello sobre a auga

0
92

As imaxes son do arquivo de AMSGO!

Comunicado en redes do Concello de Ames sobre uso da auga e das zonas de baño fluviais.

Debido á falta de información oficial por parte da Consellaría de Sanidade e de Augas de Galicia e ante a imposibilidade de facer analíticas o Goberno de Ames vese obrigado a prohibir o baño na praia fluvial de Tapia logo da vertedura dunha empresa ganadeira no río Tambre. Do mesmo xeito vaise pechar a piscina do Milladoiro dado que a auga está a saír turbia despois dos problemas de subministración.

Turbidez da auga

Dende a empresa concesionaria do servizo de auga informan que ao estar os depósitos ao mínimo a auga está saíndo turbia. Con todo, informan que ao longo do día se vai ir solucionando esa turbidez. O Concello de Ames e o de Santiago están traballando para garantir o abastecemento e unha calidade de auga óptima.

DEJA UNA RESPUESTA

Please enter your comment!
Please enter your name here