Últimas prazas na Escola Municipal de Música de Ames

117

Atópase aberto o prazo para inscribirse nas últimas prazas que quedan libres na Escola Municipal de Música (EMMA) para o curso 2023-2024. As vacantes son nas disciplinas de violín, música e movemento, e frauta. Aqueles que aínda estean interesados en participar nalgunha destas modalidades poden inscribirse cubrindo esta ficha e enviándoa a través da Sede electrónica do Concello, ou entregándoa nas oficinas de asistencia en materia de rexistro do Concello de Ames (en Bertamiráns e no Milladoiro). Ao tratarse dun prazo extraordinario de inscrición, as prazas adxudicaranse por orde de entrada da solicitude en rexistro.