Un detido por roubos en coches de Bertamiráns

214

Un veciño de Bertamiráns foi detido pola Garda Civil como presunto autor de roubos en interiores de vehículos e nunha vivenda. Todos os roubos tiveron na noite do 20 de maio, cando o detido accedeu ao interior dos vehículos rompendo os vidros. Un deles atopábase nun garaxe comunitario e o outro estacionado na rúa. No interior apropiouse de documentación e efectos persoais. Posteriormente, escalou ao interior do peche perimetral dunha vivenda e roubou noutros dous vehículos estacionados nun garaxe anexo.

A investigación conseguinte da Garda Civil identificou a este home como autor dos roubos. O detido xa era coñecido polas forzas de seguridade por feitos semellantes. Na detención recuperouse un bolso e unha carteira que foran substraídos durante os roubos. O detido foi posto á disposición do xulgado de garda en Santiago.