Un Millarock distinto pero exitoso

0
184

O Millarock volveu coa súa décima edición o pasado venres, 30 de xullo. Fíxoo despois de dous anos, debido ao parón obrigado que impuxo a pandemia na edición de 2020. O escenario acolleu a Desequilibrio Mental, Terbutalina e Bala. Os convites esgotáronse axiña e, malia o frío da noite e o limitado aforo, o público acompañou desde as 21h.

A concelleira de Cultura, Natividade González, destaca “a boa acollida que tivo a décima edición do Millarock que volveu a contar cunha boa afluencia de público a pesar da situación sanitaria e do mal tempo. Seguiremos traballando para incluír novas actividades para o que será a undécima edición deste festival, que xa está consolidado dentro do panorama musical galego”.

DEJA UNA RESPUESTA

Please enter your comment!
Please enter your name here