Un mural de Yoseba Muruzabal que vincula a Rosalía de Castro coa mocidade actual e co pensamento feminista

0
181

Ames celebra o aniversario da poeta da Maía coa presentación de “Rosalías”, un mural de Yoseba MP no que varias mulleres, todas elas co rostro da escritora, serven de metáfora visual para amosar a contemporaneidade da figura e da obra rosaliana e o seu vínculo coa mocidade. A presentación do mural, que se situará en dúas das paredes da Casa de Barbazán, terá lugar o día 24 de febreiro, aniversario do nacemento de Rosalía, ás 18:00 horas. No transcurso do acto varios alumnos/as do IES de Ames e do IES do Milladoiro leran o manifesto rosaliano que nesta ocasión escribiu a vicepresidenta da AELG e veciña de Ames, Anna R. Figueirido.

DEJA UNA RESPUESTA

Please enter your comment!
Please enter your name here