Un positivo por COVID-19 na E.E.I. do Milladoiro

2554

A Xunta informou esta mañá de que son tres os casos activos de COVID-19 no ensino de Ames, ao detectarse un positivo na Escola de Educación Infantil do Milladoiro que se suma aos dous xa coñecidos anteriormente no instituto. Polo momento, non hai ningunha aula pechada. No conxunto de Galicia hai 249 casos detectados nas aulas, das que 54 permanecen pechadas.

A área sanitaria compostelá, na que se inclúe Ames, conta hoxe con 578 casos activos, de 4.452 en toda Galicia. Isto supón un descenso dende os 608 de onte, 4.461 a nivel galego.

O Milladoiro está sometido a restricións pola Xunta de Galicia para evitar a extensión da COVID-19.