Unha muller excarcerada despois de bater dous coches en Ames

96

Unha colisión entre dous coches saldouse a pasada noite cunha persoa ferida en Ames.O accidente produciuse no punto quilométrico 7 da AG-56, en sentido a Santiago, e foi necesaria a intervención dos efectivos do GES de Brión para liberar á persoa ferida, que quedou atrapada no interior dun dos coches implicados. Así, os membros do GES excarceraron á persoa accidentada para que fose atendida polos servizos sanitarios desprazados, que trasladárona ao centro hospitalario de referencia.

Foron varias persoas particulares as que alertaron do sinistro ao 112 Galicia, ao fío das seis menos cuarto.

A partir de aí, desde o CIAE 112 Galicia pasouse o aviso a Urxencias Sanitarias de Galicia-061, Protección Civil de Ames, á Garda Civil de Tráfico, aos Bombeiros de Boiro, ao GES de Brión, á Policía Local e aos Bombeiros de Santiago.