Unha persoa perdeu a vida despois de sufrir un atropelo na Rúa das Hedras

211

Un mozo de 23 años de idade faleceu hoxe pola mañá tras ser atropelado polo seu propio vehículo, ao fallar o freno de man. O suceso tivo lugar ás 8:30, ao intentar deter o seu coche, despois de ter estacionado e baixado do mesmo, mentres este caía por unha pendente.

O 112 Galicia tivo coñecemento dos feitos a través de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, pasados uns minutos dos feitos. Nada máis recibir a alerta do accidente, os xestores do CIAE 112 Galicia pasaron o aviso aos Bombeiros de Boiro e de Santiago de Compostela, á Policía Local e ao GES de Brión. Ademais, ata o lugar acudiron tamén os membros da Agrupación de Voluntarios de Protección Civil de Ames. Unha vez no lugar do accidente, os servizos sanitarios desprazados tan só puideron confirmar o falecemento da persoa atropelada.