‘Unha rifa fai festa’ recadará fondos para as festas da Madalena e da Peregrina en Ames

190

As comisións de festas do Milladoiro e Bertamiráns lanzaron a campaña “Unha rifa fai festa”, para recadar fondos para organizar as festas da Madalena e da Peregrina. As comisións de festas do Milladoiro e Bertamiráns lanzaron a campaña “Unha rifa fai festa”, para recadar fondos para organizar as festas da Madalena e da Peregrina. Deste xeito, en Bertamiráns as rifas pódense adquirir nos establecementos hostaleiros e comerciais, mentres que no Milladoiro a comisión de festas entregará unha participación por cada 5 euros de achega económica que se realice para a organización das festas.

Por cada 5 euros de donativo que se faga ás comisións de festas, recibirase unha participación para o sorteo dun vale de 500 euros, para gastar nos establecementos asociados á asociación Xuntanza de Empresarios de Ames. O sorteo celebrarase o 14 de agosto, tendo en conta as 4 últimas cifras do sorteo da ONCE. Proximamente publicarase un cartel con toda a programación prevista para as festas da Madalena e da Peregrina.

O alcalde de Ames, Blas García, e mailo concelleiro de Urbanismo e Administración Xeral, Víctor Fernández, mantiveron unha xuntanza cos varios representantes da comisión de festas de Bertamiráns, que están traballando na organización das festas da Peregrina que se van a celebrar no vindeiro mes de agosto.

O Concello de Ames, a través dos programas Ames Cultural da Concellaría de Cultura e AmesON da Concellaría de Promoción Económica, achega varios concertos que completarán a oferta musical proposta polas comisións de festas do Milladoiro e  Bertamiráns para a primeira quincena de agosto.  

Serán 11 días de festa seguida que comezarán o xoves 4 de agosto co inicio das festas da Madalena, no Milladoiro, e rematarán o 14 de agosto, coincidindo co remate das festas da Peregrina, en Bertamiráns. A organización dos actos festivos de agosto contan coa colaboración do Concello de Ames e da asociación Xunta de Empresarios de Ames (XEA).

O alcalde, Blas García, explicou que “dende o Concello de Ames se está apoiando o traballo que están realizando as comisións de festa do Milladoiro e Bertamiráns para organizar as festas da Madalena e da Peregrina. Despois duns anos sen festas por mor da pandemia, este ano vaise facer un cartel conxunto das festas, que se van facer nas dúas localidade nas que se recollerán as actuacións musicais programadas polas comisión de festas e tamén aquelas actividades que organiza o propio Concello a través dos programas Ames Cultural e AmesON”.