Vas ir ver á Paris de Noia? Estas son as normas sanitarias

0
100

 O AmesOn pecha a súa programación coa agardada actuación da Orquestra París de Noia o vindeiro 3 de setembro. As normas sanitarias serán estritas para garantir que o evento sexa seguro. Entre as medidas anunciadas polo Concello atópase a instalación dunha perimetraxe de valado de tres metros de altura para evitar que se formen grupos na rúa para ver o espectáculo desde o exterior. As persoas que asistan deberán rexistrar os seus datos, que quedarán arquivados durante tres meses. É por isto que non se permitirá a asistencia con entradas que non teñan sido rexistradas cos datos correspondentes.

O acceso único será pola Rúa Agro do Medio (zona de Carglass) a partir das 20h e ata as 21.15h (peche de portas) e a acomodación realizarase por orde de chegada. A distribución do espazo será con asentos separados e de xeito individual coa distancia regulamentaria vixente. Non se permite a agrupación de cadeiras.

As entradas serán válidas para todo o concerto. Ademais, non se permitirá a saída e entrada do recinto durante o mesmo.

É obrigatorio o uso de xel hidroalcohólico á entrada do recinto. Está prohibido fumar, comer e beber no interior. Só se permitirá entrar con auga no seu envase orixinal. Unha vez na butaca só se poderá circular pola zona para acudir aos baños. Será obrigatorio manter sempre as distancias e evitar as aglomeracións.

Ana Belén Paz, concelleira de Promoción Económica, agradeceu “a todas as perdoas que vaian asistir o cumprimento da normativa vixente”. Recorda que “queremos que sexa un evento seguro e cumprindo toda a normativa esperando que os veciños e veciñas así como os visitantes da contorna o entendan”.

DEJA UNA RESPUESTA

Please enter your comment!
Please enter your name here