Venres 11: A lúa vai encuberta. Regresa o teatro

91

“A lúa vai encuberta” é a primeira das cinco obras que se representarán este mes de marzo en Ames, como parte da programación de artes escénicas do primeiro semestre de 2022

As compañías A Quinta do Cuadrante e Incendiaria darán vida a un texto orixinal de Manuel María sobre a realidade galega e a loita por conformarmos unha identidade propia. Será o venres 11, ás 20:30 horas, na Casa da Cultura de Bertamiráns. As entradas están xa á venda na Billeteira electrónica do Concello de Ames

O programa completo de cultura de Ames do primeiro semestre de 2022, elaborado pola Concellaría de Cultura en conxunto coa Axencia Galega de Industrias Culturais (AGADIC), pode consultarse ao completo premendo nesta ligazón.