Verán de tolerancia para os máis novos de Ames

215

A Concellaría de Educación de Ames puxo en marcha entre o 23 e o 30 do mes pasado o programa de conciliación Xuño Lúdico, orientado a que os nenos e nenas coñecesen diferentes realidades familiares e distintas maneiras de concibir os roles de xéneros. Un total de 146 nenas e nenos -65 deles no CEIP da Maía, de Bertamiráns, 44 no EEI Milladoiro e 37 no CEP de Ventín- realizaron diversas actividades centradas na educación da diversidade sexual e os roles de xénero.

Os canons sociais e culturais establecen uns determinados comportamentos propios de “mulleres” ou de “homes” como poden ser maior dozura, intuición, submisión ou sensibilidade nas mulleres ou agresividade, eficacia, tenacidade, seguridade e autoridade no caso homes. Tamén na configuración familiar podemos ver este condicionamento cos roles que cumpre cada un dos membros da mesma, os coidados, a súa composición.

Para transmitirlle esta información de maneira lúdica e adaptada a idade, os nenos e nenas recibiron a visita de habitantes de diferentes planetas que representaban familias de diversidade sexual: monoparentais, homoparentais, tradicionais, con fillos ou fillas doutras relacións…O alumnado pouido facer comparativas entre os modelos de familias “tradicionais” e os diversos tipos de familia que poden existir e que, probablemente, estean presentes no seu contorno máis próximo. A través destas visitas reflexionouse sobre o concepto e familia, xénero e coidados