VIII Encontro de bolillos e labores artesanais no Milladoiro

O domingo, 4 de xuño, o pavillón polideportivo do Milladoiro acolle a oitava edición do encontro de bolillos e labores artesanais, que organiza a Asociación Cultural A Silva en colaboración co Concello de Ames.

800

O obxectivo principal desta xuntanza é o intercambio de aprendizaxes e a transmisión e divulgación de temas relacionados co encaixe de palillos e todo tipo de labores artesanais

O domingo, 4 de xuño, o pavillón polideportivo do Milladoiro acolle a oitava edición do encontro de bolillos e labores artesanais, que organiza a Asociación Cultural A Silva en colaboración co Concello de Ames. O encontro comezará ás 10:00 horas e nel todas as persoas amantes deste tipo labores artesanais e tradicionais terán a oportunidade de intercambiar coñecementos e mostrar as súas creacións. Esta actividade está aberta ao público en xeral, a grupos de palilleiras e a asociacións.

O oitavo encontro de bolillos e labores artesanais reunirá a todas aquelas persoas que gozan realizando labores artesanais de todo tipo. O obxectivo principal desta xuntanza é o intercambio de aprendizaxes e a transmisión e divulgación de temas relacionados co encaixe de palillos e todo tipo de labores artesanais. Os asistentes poderán achegar as súas creacións para que todas as persoas que están interesadas neste labor artesanal poidan aprender as diferentes técnicas de elaboración.

Este encontro está aberto ao público en xeral, que desexe achegarse ata o pavillón do Milladoiro, para ver a exposición de traballos que se realizará e comprobar de primeira man como traballan as palilleiras. Polo tanto a entrada é libre e totalmente gratuíta. A organización daralle un obsequio a todos os participantes. Asemade, cómpre salientar que non se permitirá a venda de ningún tipo de material ou produto fóra dos postos específicos de venda.