O alcalde de Ames, Blas García, e maila concelleira de Cultura, Natividade González, acompañados da directora da EMMA, Pilar Martínez, visitaron as instalacións da Escola Municipal de Música de Ames que están situadas no Centro de usos múltiples de Aldea Nova. Alí conversaron co alumnado e co profesorado da Escola e interesáronse polo seu funcionamento durante o curso actual. Na actualidade a EMMA conta con 9 profesores e hai matriculadas 180 persoas. As actividades da Escola están dirixidas a persoas empadroadas en Ames de 4 anos en diante. Nos últimos anos realizáronse varias melloras nas aulas da Escola e adquiriuse novo material. Ademais, no pasado mes de decembro o Concello adquiriu o edificio do Centro de usos múltiples de Aldea Nova o que permitirá dispoñer do espazo con maior liberdade e ampliar e mellorar a Escola de musica.