Volve a Festa dos Maiores

56

O Concello de Ames celebra o vindeiro sábado, 2 de xullo, a Festa dos Maiores, con arredor de 470 persoas confirmadas. Esta xornada de lecer para maiores de 65 anos incluirá un xantar, unha actuación cómica de Isi e música a cargo do dúo Eva e Camilo. A XEA sorteará vales de compra para gastar no comercio local.

A festa celebrase o vindeiro sábado ás dúas da tarde no Pavillón Municipal de Bertamiráns. A recuperación desta festa tradicional, logo de dous anos de pandemia, procura xuntar ás persoas maiores de 65 anos e darlles unha oportunidade de socializar nun ambiente festivo. 

Por outra banda, o Goberno local levou a cabo unha rolda de visitas durante o mes de xuño aos grupos do programa Amessán para avaliar a satisfacción e recoller as demandas das persoas que participan nas distintas actividades deste programa de envellecemento activo.