Volve o programa “Falemos de saúde”

539

A través deste servizo trátase de poñer en valor o concepto de saúde e crear un espazo onde desenvolver charlas-obradoiros participativas sobre diversas doenzas femininas ou de prevalencia feminina

Este xoves, 28 de setembro, volve o programa “Falemos de saúde” despois dun breve parón durante os meses estivais. A doutora Magdalena Seco, coordinadora do centro de saúde do Milladoiro, será a encargada de impartir unha charla sobre a menopausia. Dita charla desenvolverase, ás 17:30 horas, no local do club de xubilados e pensionistas do Milladoiro (situado na rúa Figueiras). Este programa está composto por un total de 11 charlas-obradoiros que se desenvolverán ata final de ano. A través deste servizo trátase de poñer en valor o concepto de saúde e crear un espazo onde desenvolver charlas-obradoiros participativas sobre diversas doenzas femininas ou de prevalencia feminina.

O Concello de Ames puxo en marcha no mes de marzo o programa “Falemos de saúde” que inclúe a impartición de 11 charlas-obradoiros participativas sobre diversas doenzas femininas ou de prevalencia feminina. Ata este momento desenvolvéronse cinco charlas sobre as disfuncións do solo pélvico; a autoestima e o empoderamento; o acompañamento das persoas con cancro; a sexualidade na idade adulta; e a idade saudable.

A sexta charla deste programa impartirase este xoves, 28 de setembro, ás 17:30 horas, no local do club de xubilados e pensionistas do Milladoiro (situado na rúa Figueiras). Neste caso abordarase o tema da menopausia. Esta charla será impartida pola doutora Magdalena Seco, coordinadora do centro de saúde do Milladoiro. A doutora Seco indica que “explicarase o proceso completo da menopausia, dende os primeiros síntomas ata que se completa dito proceso. Tamén falaremos da medicación e dos coidados que hai que seguir antes, durante e despois de dito proceso. Trátase dunha charla que está dirixida a todas as mulleres xa que todas van a pasar por este proceso”.