Volve Zocos e Trasnos para que ningún neno quede sen agasallo este Nadal

199

A campaña “Zocos e Trasnos” acada a súa sexta edición. Un ano máis, a iniciativa procurará que ningún rapaz do municipio quede sen agasallos no Nadal. A campaña ten como piar fundamental a participación da cativada, os “Zocos”, que escribirán as súas cartas aos Reis Magos pedindo un regalo concreto de maneira anónima. A veciñanza de Ames, a través da Oficina do Voluntariado do Concello de Ames, actuará como “Trasnos”, os encargados de ler as cartas e achegar os obsequios aos “puntos Trasnos”, que estarán localizados este ano nas Casas da Cultura de Bertamiráns e do Milladoiro. Anualmente, uns 120 nenos reciben o seu agasallo grazas a esta iniciativa.