Volven baixar os casos de COVID-19 na área

241

A área sanitaria compostelá rexistra hoxe 1061 casos, 6 menos que no día de onte. Este descenso, do 0,56% no número de novos casos, corta o incremento sostido que se rexistrara durante dous días seguidos. A taxa de aparición de novos casos, por tanto, baixa máis dun 1%, nunha xornada na que en Galicia eses datos empeoran, ao medrar do 0,51% ao 0,81% e acadar os 6.947 casos activos.  

Segundo a Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade, nas últimas 24 horas, os casos activos de coronavirus en Galicia por áreas sanitarias, ademais da coruñesa, distribúense da seguinte maneira: 1.325 en Ourense, 1.236 en Vigo, 1.061 en Santiago, 675 da de Lugo, 576 da de Pontevedra e 407 da de Ferrol. En toda Galicia, 73 pacientes permanecen en UCI, 495 en unidades de hospitalización e 6.379 no domicilio. A comunidade declara ata hoxe 1.841 altas de pacientes e 540 falecementos. O número de PCR realizadas é de 90.000.

O 17% dos contaxios detectados en Galicia correspóndense con usuarios e persoal de residencias de maiores e persoas dependentes. Case o 43% das mortes están relacionadas con estes centros, segundo as cifras oficiais feitas públicas pola Xunta.