“Vou para a cama” nova canción do programa Apego

O proxecto Apego, para a socialización da infancia en galego, acaba de presentar a canción “Vou para a cama”.

1036

O tema Vou para cama foi gravado no Pazo da Peregrina e que tenta ser un referente para que os nenos e nenas vaian para cama

O proxecto Apego, do que Ames forma parte dende 2016, presentou a canción Vou para cama, do recoñecido músico Paco Nogueiras. Un tema que foi gravado no Pazo da Peregrina (Bertamiráns) e que tenta ser un referente para que os nenos e nenas vaian para cama.

Apego é un proxecto de dinamización sociolingüística que procura incrementar a porcentaxe de nenos e nenas que reciben o galego desde o berce e arroupar o seu uso no proceso de socialización ata os 6 anos. Para ese proceso de incentivar, favorecer e colaborar na socialización en galego da infancia, a través do programa facilítanselles ás familias materiais, tanto físicos coma virtuais, con propostas de cancións, xogos, etc.

Ademais de facilitar materias, a través do programa tamén se procura crear espazos de socialización en galego e desenvólvense actividades, nuns casos formativas e máis dirixidas a nais e pais (charlas, obradoiros, etc.), e noutros casos máis de dinamización, dirixidas tamén aos nenos e ás nenas (concertos, contacontos, teatro, etc.).