Xa se pode renovar praza na EMMA

Este primeiro prazo de inscrición está orientado, exclusivamente, aos alumnos da Escola para a continuación de estudios

A Escola Municipal de Musica de Ames (EMMA) abre entre o 15 e o 24 de maio o prazo de renovación de prazas para o curso 2017-2018, para todos aqueles nenos/as e adultos que xa estiveron matriculados este ano na escola. Este primeiro prazo de inscrición está orientado, exclusivamente, aos alumnos da Escola para a continuación de estudios. Mentres que todas aquelas persoas que desexen comezar estudios musicais na EMMA deberán realizar a matrícula no mes de xuño.

Os impresos deberán entregarse, de luns a venres, en horario de 9:00 a 14:00 horas, no rexistro da Oficina Municipal do Milladoiro, no rexistro do Pazo da Peregrina ou no rexistro da Casa do Concello, estes dous últimos situados en Bertamiráns. Cómpre lembrar que para poder matricularse na Escola Municipal de Música de Ames é preciso estar empadroado no Concello de Ames.