Xestión do Medio Rural presenta os iglús para reorganizar as colonias felinas

A Casa da Cultura de Bertamiráns acolleu esta mañá a presentacións dos novos iglús que se colocarán en distintos puntos do concello para reorganizar e facilitar o control das colonias felinas do municipio.

O concelleiro de Xestión do Medio Rural, Javier Antelo, que explicou que “ esta iniciativa xorde da necesidade de ter un lugar para ubicar aos gatos das colonias”. Deste xeito, desde o departamento de Medio Ambiente, “o primeiro que fixemos foi coñecer as colonias, onde están situadas e, a partir de aí, buscar un lugar onde localizalas e crear un rexistro de voluntarios que se encargarán da xestión dos iglús”. Así mesmo, destacou que se trata dun proxecto “pioneiro e social, que a nivel estético está totalmente integrado no entorno”.

En todos os iglús pode lerse a frase “Esta comunidade de gatos colabora coa visibilidade da enfermidade de Dent”. Deste xeito, o proxecto tamén conta cun trasfondo solidario.  

Por esta razón, desde o Concello piden a colaboración cidadá para coidar e protexer estas estruturas de posibles actos de vandalismo.

Desde finais do mes de agosto de 2021, o departamento de Medio Ambiente está a aplicar o plan Ces para o control das colonias felinas dos núcleos urbanos de Bertamiráns e do Milladoiro. Este plan, levado a cabo en colaboración co Refuxio de Cambados, consiste na captura, esterilización e solta dos animais que integran estas colonias. Ademais, en Ames tamén se aplica a desparasitación e a marcaxe con microchip como parte deste plan.  

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *