Coincidindo co inicio do verán, a Concellaría de Xuventude organiza en xuño unha xornada no Aquapark de Cerceda dentro das actividades do programa Trouleando. O parque acuático conta cunha ampla e variada gama de atraccións nas que pasar unha xornada de ocio con aquatubos, piscina de ondas, roaller coaster ou o tobogán de donuts.
A actividade terá lugar o xoves 22 de xuño. Haberá servizo de autobús dende o Pazo da Peregrina ás 11.15h e dende a Casa da Cultura do Milladoiro ás 11.30 horas. O regreso aproximado está previsto para as 20.15h no Milladoiro e 20.30h en Bertamiráns.
Pode inscribirse rapazada censada en Ames, dende os 12 anos cumpridos (nados en 2010), enviando a ficha cuberta e asinada a xuventude@concellodeames.gal entre o 8 e o 14 de xuño. As prazas son limitadas (55 por orde de chegada ata completar as prazas dispoñibles). Será preciso contar cun mínimo de 25 persoas inscritas para desenvolver a actividade. Deben levar mochila con toalla, roupa de baño, chanclas, gorra, crema solar factor 50, e muda. Os participantes tamén deben levar a comida e merenda da casa, ou adquirila comprándoa no propio parque.