Xornadas de portas abertas do fútbol sala feminino Meigas durante o mes de xuño

737

Entre os días 2 e 30 de xuño o Fútbol Club Meigas vai desenvolver unhas xornadas  co obxectivo de captar nenas

Entre os días 2 e 30 de xuño o Fútbol Club Meigas vai desenvolver unhas xornadas de portas abertas de fútbol feminino co obxectivo de captar nenas que se integren nos diferentes equipos que ten este club amesán. Esta iniciativa consiste en abrir os adestramentos a todas aquelas rapazas que desexen acudir

Deste xeito, todas as nenas que queiran ir probar se lles gusta a práctica do fútbol sala poderano facer durante os mércores 7, 14, 21 e 28 no pavillón polideportivo do Milladoiro, e os venres 2, 9 e 30 no pavillón polideportivo de Bertamiráns.