Xoves, 7: Alfredo Conde presenta libro nos Encontros Literarios de Ames

79

O quinto encontro literario da nova tempada 2023-2024 terá como protagonista ao escritor e político Alfredo Conde, que presentará o seu último libro “A conto do político”, editado por Ézaro. O autor estará acompañado do autor, investigador e crítico Xosé Antonio López Silva. O acto, que terá lugar este xoves 7 de marzo no Pazo da Peregrina de Bertamiráns ás 20:00 horas, estará presentado polo alcalde Ames, Blas García. A entrada será libre ata completar aforo.