Este domingo, 4 de xuño, disputouse o XXXVI Trofeo de fútbol Concello de Ames 2017 no campo municipal do Milladoiro. Este ano decidiuse xuntar todo o torneo nun mesmo día
A primeira semifinal entre o Agrón CF e mailo Milladoiro SD rematou co resultado de 1-2, mentres que na segunda semifinal o Bertamiráns FC impúxose ao Biduído SR por 3 goles a 1. Na final o Bertamiráns gañoulle ao Milladoiro SD por 4-2, revalidando o título conseguido na pasada edición
Ademais, aproveitouse este evento deportivo para estrear as novas gradas do campo de fútbol do Milladoiro e para entregarlle ao Agrón CF o trofeo de campión de liga de terceira autonómica