‘Youtubeiras’ pecha o prazo de inscrición o 15 de novembro

43

O certame Youtubeiras, cuxo obxectivo é fomentar a creación en galego en Youtube, pecha o prazo de inscrición da súa sexta edición o vindeiro día 15. O concurso está organizado polos servizos de normalización lingüística de doce concellos, incluído o de Ames, e as tres universidades de Galicia, así como a Dedputación da Coruña.

O certame reparte 7.500 € en premios en oito categorías: canle, youtubeira/o, youtubeira/o revelación, vídeo, calidade lingüística, pioneiro, rede e o premio do público. Todos os premios son de 1.000 € agás o último, que é de 500 €.