A EMMA inscríbese no rexistro de escolas de música de Galicia

partir de hoxe, a Escola de Música de Ames (EMMA) está inclúdia no rexistro de escolas de música e danza de Galicia.

554

Actualmente, a EMMA oferta un total de 210 prazas

Hoxe luns publícase no DOG a orde do 23 de xuño de 2017 pola que se autoriza a inclusión da Escola de Música Municipal de Ames (EMMA), no rexistro de escolas de música e danza desta comunidade autónoma, de conformidade coa Orde do 11 de marzo de 1993, que regula as condicións de creación e funcionamento destas escolas.

A inscrición no Rexistro permite, entre outros aspectos, optar ás liñas de subvención convocadas pola Xunta de Galicia e a Deputación da Coruña, para a realización de investimentos na Escola Municipal de Música que permitan incrementar o número de prazas.

O concelleiro de Educación e Cultura celebra que a EMMA xa forme parte do Rexistro, que era un dos obxectivos do goberno. “En menos de dous anos logramos regularizar a situación contractual do local no que está situada a Escola de Música en Aldea Nova e inscribila no Rexistro. Estes son dous pasos fundamentais para a consolidación da Escola, do profesorado e das posibilidades de incrementar o volume de alumnado”.