Ames Novo pide ao tripartito un posicionamento sobre a EDAR de Compostela

Ames Novo reclama que o Souto "non é o lugar máis axeitado para a ubicación da EDAR".

639

Ames Novo reclama que o Souto “non é o lugar máis axeitado para a ubicación da EDAR”

Ames Novo reclama ao tripartito de Ames que facilite toda a información aportada na reunión da Mesa de Seguimento do Proxecto da nova EDAR de Santiago de Compostela, na que se soubo no último pleno que estiveron presentes membros do Goberno municipal e saber o posicionamento que toman.

O alcalde, José Miñones, e outros membros do Goberno xunto con algúns veciños e veciñas, visitaron a finais do pasado mes de xuño a EDAR de Ourense. Os de Pilar Candocia demandan saber as condicións de dita visita, a razón pola cal no se avisou aos membros da oposición, transparencia e publicidade no asunto e o posicionamento que ten o tripartito neste asunto.

Ames Novo reclama que o Souto “non é o lugar máis axeitado para a ubicación da EDAR, e que a mesma non debe ser decidida en base a cuestións temporais ou económicas, a elección de tecnoloxías respectuosas con medio amboente tamén deben de ser tidas en consta ao tempo que se respecto o patrimonio natural e cultural”.