Malestar municipal por informacións non contrastadas na TVG

471

A escasa profesionalidade demostrada pola TVG en informacións sobre Ames causou onte malestar no seo do Goberno local. O edil de Obras, Blas García, amosou o seu descontento por unha nova recollida nun infomativo do día de onte no que se mencionaba a existencia de fochancas en Biduído de Abaixo. García lamentou que a nova non estivese contrastada co Concello, e recordou que as obras na zona comezaron a semana pasada e levaban xa varios meses adxudicadas. 

O edil recordou os conflitos na TVG entre os traballadores e a dirección do ente pola falta de veracidade e imparcialidade nas informacións. O colectivo Defende a Galega leva anos a denunciar prácticas incompatibles coa deontoloxía profesional na televisión pública.