O luns comezan a funcionar os tests de coronavirus no coche

332

O Sergas implantará en todas as áreas sanitarias  un novo sistema para realizar as probas do coronavirus aos pacientes sen que abandonen o seu propios vehículo. Só se levara a cabo a persoas que teñan prescrición facultativa e cita previa. Con esta medida o servizo de saude procura “complementar e axilizar o sistema de recollidas de mostras a domicilio” ante o aumento da demanda durante os últimos días. 

O novo sistema, coordinado e priorizado polo servizo de Medicina Preventiva dos hospitais, permite axilizar tempos ao permitir que os cidadáns se despracen en coche ao hospital. Tamén diminúe a utilización dos equipos de protección individual. Na actualidade xa funciona en Vigo, Ourense e Lugo. Está previsto que o venres 20 chegue á Coruña e Pontevedra, e o luns a Santiago e Ferrol.

Informe de casos
A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade reconta un total de 444 casos confirmados de coronavirus en Galicia, con 136 na área da Coruña. A segunda área máis afectada é Vigo con 84, seguida de Santiago con 68. Son 36 os casos en Lugo, 46 en Ourense, 59 en Pontevedra e 15 en Ferrol. Do total de pacientes positivos, 15 permanecen en UCI, 99 están en unidades de hospitalización e 330 no domicilio.