Para os populares de Ames, a Xunta, con moito criterio, presenta un recurso a un proxecto ó que xa o Partido Popular de
Ames, con Oliva Agra á cabeza, amosou un rexeitamento absoluto desde o principio porque
pensa que será volver ós anos 80 en vez de avanzar cara ó futuro.
Pensar en que a arteria principal do Milladoiro volva a ter só un carril de baixada e outro de
subida é un regreso a hai trinta anos aínda que co agravante de que o volume de tráfico que
existe na actualidade en nada se parece ó daquela época.
As consecuencias son fáciles de imaxinar. Tanto os coches como os camións, e incluso
autobuses, buscarán outras vías de escape para non verse atrapados no Milladoiro e eso
afectará a outras aldeas de Ames, e incluso de Santiago ou Teo, que non teñen as estradas
preparadas para iso e que non deben ver interrumpida a súa tranquilidade polas ocurrencias
dun alcalde que impón o seu proxecto polas bravas. E non debemos de pasar por alto os
problemas que se poden xerar nos momentos que teñan que pasar os vehículos de emerxencia
como ambulancias e bombeiros.
A Xunta remitiu ó Ministerio de Transportes, Movilidad y Agenda Urbana o requerimento
previo á vía contenciosa administrativa na que xa anunciou que se personará. É moi sinxelo. O
alcalde actuou como sempre. El fai e desfai. Pero desta volta falta a información e publicidade
do proxecto e o estudio das alternativas para desviar o tráfico. Porque ese desvío pola AG-56
que vai a Brión e polo corredor Pardiñas-Galanas tamén afecta ás arcas públicas con un coste
estimado de 1,6 millóns de euros ó ano, que subiría ata os 2,2 millóns durante as obras.
E aproveitando que as eleccións están cerca xa dí que a actuación da Xunta é para buscar votos
no Milladoiro. Nada máis lonxe. O que ten que facer o alcalde, que por certo goberna en
minoría con só oito concelleiros dos 21 da Corporación, é escoitar un pouco máis e impoñer un
pouco menos. A Xunta exerce o seu dereito e conta co respaldo do PP de Ames para que non
se leve a cabo unha actuación que sería un desastre para o Milladoiro e os seus veciños e para
outras aldeas de Ames que con esta humanización teñen moito que perder.
Para humanizar o Milladoiro habería antes que acometer outras solucións tendentes a aliviar o
tráfico do principal núcleo do Concello. Pero o máis fácil para alcalde e inventar unha mal
chamada humanización, valorada en 4,4 millóns de euros, sin pensar para nada nin nas
conseciencias nin na veciñanza.