Sobe a 76 o número de casos activos de COVID-19 na localidade

373

Ames rexistra dende onte un total de 76 positivos en COVID-19, fronte aos 62 da semana previa. Son datos do Concello, que os traslada dende a Consellería de Sanidade. Xa se están contabilizando os casos positivos detectados a través das probas PCR que se están facendo co cribado masivo de 3.000 mostras entre a poboación do concello, co obxectivo de frear a posible transmisión e intentar localizar posibles casos asintomáticos.

O Concello informa tamén de que a Xunta de Galicia vén de habilitar un servizo para que calquera persoa procedente de fóra de Galicia con síntomas da COVID poida ser avaliada por un profesional sanitario. Este servizo está dirixido ás persoas que proveñan doutras Comunidades Autónomas ou doutros países que non sexan residentes en Galicia e, polo tanto, non teñan a posibilidade de acudir ao seu médico de cabeceira.