O tripartito presenta alegacións ao anteproxecto de explotación do transporte público

O Concello de Ames ven de presentar unha serie de alegacións ao anteproxecto de explotación do transporte público co obxectivo de optimizar o servizo e facilitar aos veciños e veciñas a súa utilización.

475

O Concello propón asemade incrementar o número de paradas da ruta Ortoño-Santiago E.A.

O Concello de Ames ven de presentar unha serie de alegacións ao anteproxecto de explotación do transporte público co obxectivo de optimizar o servizo e facilitar aos veciños e veciñas a súa utilización.

As alegacións céntrase na liña Ortoño-Santiago que até o momento encadrábase no mapa do Transporte Urbano e Santiago e que no novo plan pasará a formar parte do Mapa de Mobilidade do Transporte Metropolitano da Xunta de Galicia. Esta liña de nova creación sae dun lugar do que na actualidade non existe parada de autobús, polo que o concello, na primeira das alegacións presentadas, propón o traslado da parada a Bertamiráns. “Dado que a escasos 250 metros se localiza o apeadeiro de Bertamiráns, proponse que a saída e a chegada sexa dese punto co cal facilitaría, ademais, a comunicación do núcleo urbano de Bertamiráns con outros puntos do concello de Ames e polos que discorre a citada liña”, declara o concelleiro de Urbanismo, Obras Públicas e Servizos Básicos, Blas García.

O Concello pide que se faga unha referencia específica ao cumprimento do requisito de accesibilidade que deben cumprir os vehículos que se utilizan para este tipo de transporte

O Concello propón asemade incrementar o número de paradas da ruta Ortoño-Santiago E.A. no concello de Ames. No plan, o número de paradas existentes para a recollida de viaxeiros no concello de Ames é de tan só 1, a de Ortoño, como parada de saída e chegada, “a pesares -matiza o concelleiro- de que a metade do recorrido se realiza polo termo municipal amesá, de xeito que das 9 paradas coas que conta a liña, 8 están no concello de Santiago de Compostela”. Nas alegacións, o Concello de Ames propón a creación de cinco novas paradas: Agro do Muiño, Ortoño, Guimaráns, Quistiláns e Fraíz/A Moniña.

Para rematar, o Concello de Ames, pide que se faga unha referencia específica ao cumprimento do requisito de accesibilidade que deben cumprir os vehículos que se utilizan para este tipo de transporte “Observamos que no “Anexo V, características dos vehículos” non hai referencias específicas ao cumprimento do requisito de accesibilidade, e non sabendo si esta vai incluída nalgún dos puntos referidos de categoría do vehículo re443/2001. Nos, tendo en conta os problemas que moitas veces xorden cando, por exemplo, unha persoa quere subir cunha cadeira de rodas ou un carriño de bebé, e as dificultades que as veces se lle poñen, consideramos absolutamente necesaria unha referencia específica ao cumprimento da Lei sobre accesibilidade que entrará en vigor en decembro do presente ano e que deben cumprir os vehículos a utilizar”, declara Blas García.