Xornada sobre prostitución e trata con Médicos do Mundo

A Concellaría de Sanidade, Servizos Sociais e Igualdade, organizou para este venres, 12 de maio, unha xornada sobre prostitución e trata que está dirixida aos técnicos municipais, así como ao persoal da Garda Civil, Policía Local e dos centros de saúde.

582

Un dos obxectivos desta xornada é explicar cal é o ámbito de actuación desta organización en España, e en concreto en Galicia.

A Concellaría de Sanidade, Servizos Sociais e Igualdade, organizou para este venres, 12 de maio, unha xornada sobre prostitución e trata que está dirixida aos técnicos municipais, así como ao persoal da Garda Civil, Policía Local e dos centros de saúde. Esta actividade desenvolverase a partir das 10:00 horas no local do club de xubilados e pensionistas do Milladoiro (situado na rúa Figueiras). Intervirán dúas técnicas da asociación de Médicos do Mundo.

O obxectivo principal do encontro deste venres, cos profesionais de Servizos Sociais do Concello de Ames e do persoal da Garda Civil, Policía Local e dos centros de saúde, é por unha banda, dar a coñecer a asociación Médicos de Mundo, a misión, visión e valores que fundamentan o seu traballo dende un enfoque dos dereitos humanos e máis concretamente o dereito á saúde, así como dende un enfoque de xénero, cos titulares de dereitos, de obrigacións e de responsabilidades.

Outros obxectivos desta xornada é explicar cal é o ámbito de actuación desta organización en España, e en concreto en Galicia, así como o programa de atención sociosanitaria a persoas en situación de prostitución ou trata de persoas con fins de explotación sexual, desde a experiencia de traballo de Médicos do mundo con este colectivo en España desde hai 24 anos.

Por último, tamén se intentarán establecer canles de comunicación e de coordinación entre os diferentes dispositivos que traballan con estas persoas.