Actualización: aparece salva e sa a rapaza desaparecida en Brión

1203

Ariadna Ares García, desaparecida na tarde de onte, foi localizada en perfecto estado hoxe pola tarde en Brión.

A Garda Civil estaba a procurar a esta adolescente de 16 anos desaparecida en Brión. Fora vista por última vez pola súa familia na tarde de onte. A Garda Civil pediu colaboración cidadá para facilitar a súa localización.