A Garda Civil do Milladoiro investiga a un sospeitoso de extorsión por internet

526

A Garda Civil do Milladoiro investiga a un home de 30 anos como suposto autor dun delito de extorsión. A investigación comezou a raíz da denuncia dun veciño de Teo que alegaba que entre outubro e novembro do ano pasado foi extorsionado por unha persoa cuxa identidade descoñecía. O extorsionador pediulle o pagamento de varias sumas de diñeiro en troco de non difundir en redes sociais conversas de contido íntimo.

Segundo a vítima, o suposto autor dos feitos esixía que depositase os cartos no buzón dun inmoble de Santiago de Compostela. En total, entregoulle preto de 2.000 euros. A investigación da Garda Civil permitiu coñecer a identidade da persoa que retiraba os cartos. As dilixencias foron entregadas ao Xulgado de Instrución de Garda en Santiago.