O concelleiro de Mobilidade, Víctor Fernández, anuncia unha primeira semana de transición: “Non pretendemos multar nin provocar un cambio traumático para a veciñanza. Esta primeira semana será de adaptación á nova situación da rúa e a Policía Local limitarase a informar”.
O alcalde de Ames, Blas García: “Durante as obras de humanización de Ameneiral observamos como cando estaba pechada ao tráfico transformouse nunha rúa chea de vida. Iso é o que buscamos con esta decisión, devolverlle a vida ás rúas e que o peón recupere o seu espazo”.
Só poderán transitar vehículos para acceder aos garaxes, carga e descarga nas horas reguladas, e comerciantes para estacionar durante un tempo máximo de 15 minutos.