Feiraco presenta o certame de microrrelatos e anima a practicar a “leiteratura” ante o 17-M

43

Nun acto celebrado na “catedral dos libros de Compostela” a libraría Follas Novas, Feiraco presentou unha nova edición do Cartame de Microrrelatos, coincidindo coa celebración das Letras Galegas, o 17 de maio.

O acto tivo o seu momento emotivo ao dedicar unhas palabras de benvida á libraría o seu fundador, Rafael Silva, e a chispa, púxoa a televisiva Esther Estévez, coñecida pola súa labor divulgadora do idioma a través do programa “dígocho eu”.

A directora de Marketing e Comunicación de CLUN, Jessica Rey, explica que “con este certame queremos reivindicar a lectura facendo un chamamento a practicar a Leiteratura. Xa que a lectura e o leite maridan moi ben, e aportan noso momento de desconexión diario que precisamos.Leiteratura é un momento para deixar as pantallas e dedicar á lectura. Recuperando ese espazo que os móbiles, ás veces sen darnos conta, rouban á lectura. Practicar a Leiteratura alimenta! Alimenta o corpo, grazas ó leite e alimenta a imaxinación, o coñecemento e a nosa mente, grazas á literatura.”

Juan Gallástegui, director xeral de CLUN, destaca que “o leite e a literatura son dous dos principais produtos de Galicia. A súa unión fala de pasado, presente e futuro. Fala dos galegos e galegas e do que somos quen de conquerir co esforzo de cada día. E que mellor día para celebrar este propósito que o Día das Letras Galegas”.

Pola súa banda, o secretario xeral da Lingua, Valentín García, salientou a novidade desta edición, que inclúe por primeira vez a participación do público adulto “pero sen deixar de lado á mocidade, na que radica o futuro da nosa lingua e á que alentamos sempre a soñar, crear e imaxinar na lingua propia ao igual que no seu día fixo Luísa Villalta”.

Aqueles que queiran participar neste certame e conmemorar o Día das Letras Galegas, dedicado a poetisa talentosa Luisa Villalta xa poden preparar os seus  relatos. Estes deberán ser orixinais, estar escritos en galego, ter un máximo de 500 palabras e de temática libre, coa única condición de que a historia comece coa frase: “Púxenme a escoitar…”.

As persoas participantes na categoría de adultos(maiores de 18 anos) deberán subir os seus escritos en formato PDF á web https://leiteratura.feiraco.es/ do 23 de abril ao 18 de maio. No caso da categoría xuvenil (entre 12 e 18 anos), será o profesorado de cada centro educativo galego quen seleccionará o mellor relato presentado polo alumnado e o subirá entre o 8 de abril ao 18 de maio ao mesmo sitio web.