O PP destaca o contraste de opinións dos socialistas de Santiago e Ames sobre a humanización de Rosalía de Castro no Milladoiro

46

En nota de prensa, o PP de Ames resalta que “o máis asombroso é que mentras os socialistas de Ames pechan filas en torno a esta desastrosa humanización coma se fosen uns hooligans defendendo ó seu equipo, os seus compañeiros de partido en Santiago presentan no pleno municipal da capital galega unha petición para que o goberno local compostelán leve a cabo coa Consellería de Infraestruturas unha planificación de mobilidade no corredor Pardiñas-Galanas ó considerar que se vai ver afectado unha vez que o Milladoiro teña únicamente un carril de baixada e outro de subida cando soporta un tráfico diario de 31.000 coches.

Chama a atención, continúan os populares,  “que desde Santiago o PSdeG-PSOE teña esa preocupación cando os socialistas de Ames o que fan e mirar para outro lado e non falan sequera con outras administracións afectadas como pode ser a Conselleria de Infraestruturas, que terá que asumir o desvío pola AG-56 que vai a Brión e polo corredor Pardiñas-Galanas afectando ás arcas públicas con un coste estimado de 1,6 millóns de euros ó ano, que subiría ata os 2,2 millóns durante as obras”.

O edil socialista santiagués Gonzalo Muiños explicou que teme que os vehículos que usan diariamente a N-550 se desvíen polo corredor cando, palabras textuais, “non está en condicións de asumir ese volume de tráfico”, insisten o PP de Ames.

Rematan destacando que “os socialistas de Santiago van máis alá e tamén lle propoñen ó goberno compostelán e á Consellería de Infraestruturas que negocien co Ministerio de Transportes posibles bonificacións para o tramo Santiago-Padrón da AP-9 durante o tempo en que se executen as obras.Xa só lle falta dicir ós socialistas de Santiago que a humanización do Milladoiro vai ser un despropósito”, conclúen os populares.