A Garda Civil desmantelou un grupo criminal especializado no roubo de cable telefónico e detivo a 10 homes como presuntos autores de 13 delitos de roubo

38

Recuperáronse 5.200 quilogramos de cable

  • O valor total dos danos ocasionados ascendeu a 350.000 euros
  • Os ilícitos perpetrados provocaban gran trastorno social ao interromper o servizo de telefonía e tee asistencia na zona
  • A Garda Civil agradece a colaboración cidadá que achegou información importante para a resolución desta investigación

A estas 10 persoas considéraselles presuntos autores de 13 delitos de roubo, 1 delito de estragos, 1 delito de pertenza a grupo criminal, 1 delito de apropiación indebida por non devolver un dos vehículos de alugueiro no prazo establecido, esclarecendo os delitos de roubo de tendido telefónico realizados nas localidades de Noia, Ames, Rois, Negreira, Boimorto, Arzúa, Frades, Val do Dubra, Trazo e Muros. Unha vez detidos os presuntos autores, a Garda Civil centrou os seus esforzos na localización dos puntos de venda do material subtraído, logrando gracias a la colaboración del Centro de Cooperación Aduanera (CCPA) de Tui acreditar a venta en chatarrerías de Portugal.

Portavoz Garda Civil A Coruña, Lola Amado:

Compartir
Artículo anteriorBugallido acolle a II Festa do Pan o 11 de maio
AMSGO! tráeche a información local do máis preto de ti. Temos soporte online e unha publicación mensual física que repartimos de balde nos negocios, prazas e rúas de Ames.