Afectados pola decisión de Santiago de non financiar o tramo de A Rosa a Ortoño reclaman solucións

338

As modificacións nas concesións e rutas do transporte público
en Galicia que entraron en vigor o 23 de decembro afectaron
moi negativamente a numerosas aldeas das parroquias de Biduído,
Bugallido e Ortoño, que ao acurtarse o traxecto da liña P2
(anteriormente Estación de autobuses-Ortoño, e que agora rematará
no Casal, lugar pertencente ao concello de Compostela) quedan en
moitos casos sen conexión directa coa capital.