O Concello publica o plan para a mellora da contratación administrativa para o resto do 2017

O goberno de Ames continúa coa súa política de Transparencia e publica o Plan de contratación do 2º semestre do 2017.

492

Se resolveron os recursos do contrato de xestión de servizos públicos do Ciclo Integral da Auga

Dentro das licitacións realizadas no 1º semestre do ano 2017 cómpre destacar que se volveron a cubrir unha parte moi importante dos obxectivos previstos. No tocante aos contratos de servizos aprobáronse licitacións de grande envergadura como o Servizo de Monitoraxe de comedores escolares, os Servizos de Bos Días Cole e Tardes Divertidas, o Servizo de Axuda no Fogar, o Servizo Integral de Limpeza das Instalacións Municipais e Centros Educativos.

Tamén se licitaron o Servizo de Lacería, o de Psicomotricidade e a Aula Cemit. Por outra banda prorrogáronse os contratos á Escola de Verán, os programas de seguros e os programas lúdicos, amosando a elevada actividade do departamento e o bo cumprimento de obxectivos. Tamén se resolveron os recursos do contrato de xestión de servizos públicos do Ciclo Integral da Auga e se iniciou neste semestre a prestación do servizo pola nova concesionaria Espina e Delfin, co conseguinte volume de traballo administrativo.

Obras, contratos menores e convenios 

No tocante ás obras sinálase o Plan da Deputación ao que están asociadas as diferentes obras e o estado das mesmas, incluíndo obras do POS 2015, PAS 2015, PAI 2015, DTC adicional 1/2014, POS adicional 1/2015, PAS convenios, PAI 2016 e POS 2016.

Durante este 1º semestre de 2017 formalizáronse 55 contratos menores cuxos datos están publicados no Portal de Transparencia, así como os datos dos 9 convenios asinados coas distintas entidades: AGADIC, IES Milladoiro, Universidade da Coruña, Federación Asociacións do Rural, CIFP de Compostela, CPR Santa Apolonia, Fegamp, Feuga, Banco Sabadell. Dando conta destes convenios e contratos o Goberno amosa públicamente as acción levadas a cabo e cumpre co compromiso de total transparencia da xestión pública que se realiza ao longo do ano.

Previsións para o 2º semestre de 2017

Por último, recóllese unha relación dos expedientes e previsión de licitacións que se realizarán no 2º semestre do 2017 entre os que están a nova licitación do contrato de Voz e Datos, as Escolas Culturais, Rede Semafórica, Control Tempo de Presenza, mantemento de ascensores, Seguridade, contrato de mantemento do cemiterio e contratos administrativos especiais que se teñen pensado desenvolver ao longo do que queda de ano, como serían a concesión de dereitos funerarios (unidades de enterramento) para o cemiterio e a xestión da cafetería da Casa de Cultura de Bertamiráns.

Dende o Goberno quérese destacar o importante esforzo e traballo que se está a desenvolver na regularización de numerosos contratos e licitacións que permitirán poñer en marcha novos servizos ou mellorar os existentes, como é o caso da licitación de voz e datos que levaba anos sen regularizar e que solventará moitos dos problemas de comunicación actuais.

No tocante ás obras tamén se establece un calendario das mesmas para este segundo semestre e que comprenden aquelas recollidas no PAS adicional 2015, POS adicional 1/2016 e o POS+ 2017, así como as obras que o Concello realizará con fondos propios, como son o ximnasio e pista de squash do pavillón de Bertamiráns, o camiño Oca-Igrexia, a Pavimentación da Rúa Entrerríos, a construción da Sala de Usos múltiples do CEIP Barouta, o Camiño de Lens-Miso, a repavimentación da pista deportiva de As Mimosas e a nova construcción da pista de Agro do Muiño.

Dende o Goberno destacan o importante esforzo e traballo que se está a desenvolver na regularización de numerosos contratos e licitacións

A Concelleira de Economía e Facenda, Genma Otero, responsable da área de Contratación manifesta que “Neste 1º semestre do ano afrontamos licitacións moi complexas e importantes como foron o servizo de monitoraxe dos comedores escolares, o servizo de limpeza integral das instalacións municipais e centros educativos e o servizo de axuda a domicilio, e aínda así fomos quen de tramitar un número importante de expedientes de licitación de servizos e obras que se publican no Plan e formalizar 55 contratos menores e 9 convenios. Novamente agradecer aos traballadoras/es municipais o esforzo e compromiso por sacar adiante a xestión municipal”.

Para o Alcalde de Ames “o cumprimento deste requisito de transparencia é un feito máis do compromiso adquirido por este Goberno que non esconde nada do realizado nin do que pretende por en marcha”. Miñones destaca tamén “o feito da reorganización do departamento que permite que a día de hoxe semanalmente se estean a aprobar numerosos expedientes de contratación e manteña unha actividade que desaparecera nos anos anteriores, polo que agradecemos ao persoal o gran esforzo que está a realizar”.