O 30 de xullo celebrarase a I Carreira da Familia

A recadación da inscripción irá destinada para ASANOG (Asociación de Axuda a Nenos Oncolóxicos de Galicia).

1052

A recadación da inscripción irá destinada para ASANOG (Asociación de Axuda a Nenos Oncolóxicos de Galicia).

O Concello de Ames, a través da Concellaría de Deportes que encabeza o alcalde, José Miñones, organiza a I Carreira da Familia. Un evento que se celebrará o 30 de xullo, a partir das 10:00, no aparcamento da Travesía do Porto, en Milladoiro. A recadación da inscripción irá destinada para ASANOG (Asociación de Axuda a Nenos Oncolóxicos de Galicia).

Este evento contará con diferentes actividades lúdicas para todas as familias como festa con DJ, inchables, animación, obradoiros, premios e sorteos. As incricións poderán facerse dende a páxina www.emesports.es como data límite o 27 de xullo.

A próxima semana será a presentación oficial do evento no que o alcalde, José Miñones, dará a coñecer oficialmente o programa completo da I Carreira da Familia.