Corte no abastecemento de auga do Milladoiro por un verquido no Tambre

270

Segundo comunicou esta tarde o alcalde de Ames, Blas García, debido a un verquido no río Tambre ten que cortarse o abastecemento de auga que vén da potabilizadora de Santiago para o Milladoiro. O rexedor sinala que “é importante consumir a auga que sexa imprescindible e moi necesaria, xa que de non poder restablecerse ao longo do día o suministro de auga esgotarase a que actualmente existe nos depósitos municipais, e polo tanto haberá que cortar a auga”.

No correspondente á potabilizadora de Ames-Brión tamén se paralizou o servizo é estase a usar unicamente a existente no depósito xeral de Leboráns, polo que tamén aconsellan o aforro e control do uso da auga.

“É difícil de calcular o tempo de solución”, di o alcalde.